Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha actuación de Chévere mañá xoves


O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun espectáculo teatral a cargo do grupo “Chévere”, que presentará no Centro Social Polivalente a obra “As fillas bravas”. A representación, que forma parte do programación do Outono Cultural, celebrarase mañá xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

Coa voz e as pandeiretas como armas, tres mulleres subirán ao escenario de Brión para representar unha obra en clave de humor feminista. As actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar usarán o canto e a pandeireta a xeito de canción protesta que, desde a tradición e con ironía, ataca unha sociedade machista que elas tamén padecen.